•Este convenio asegura a continuidade dos labores neste xacemento paleolítico de Triacastela
• A Xunta e a Universidade de Santiago (USC) colaborarán nas actuacións arqueolóxicas que se desenvolven en Cova Eirós, no municipio de Triacastela, a través da sinatura dun convenio por importe de 30.000 euros.
SINGULARIDADE DESTE XACEMENTO
A mediados de xuño, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, asinaron este convenio para a continuación dos traballos de escavación, investigación e documentación deste conxunto arqueolóxico. O conxunto de Cova Eirós alberga os primeiros restos de arte parietal paleolítico atopados en Galicia. Con esta financiación autonómica, a Universidade de Santiago promoverá esta actuación, que se levará a cabo este verán e que, según explican dende a Consellería, contribuirá ao enriquecemento do patrimonio cultural galego.
As actuacións levadas a cabo ata o de agora en Cova Eirós polos investigadores do Grupos de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC en colaboración cun equipo do Institut Catalá de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona (IPHES) permitiron obter as primeiras conclusións sobre este enclave, sobre todo no que atinxe as pinturas e gravados atopados nas paredes da Gran Sala do interior da cavidade. •