A Xunta financia con 30.000 euros os traballos arqueolóxicos da USC en Cova Eirós

Este convenio asegura a continuidade dos labores neste xacemento paleolítico de Triacastela

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o reitor da USC, Juan Viaño. (Foto: Xoán Crespo).
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o reitor da USC, Juan Viaño. (Foto: Xoán Crespo).

• A Xunta e a Universidade de Santiago (USC) colaborarán nas actuacións arqueolóxicas que se desenvolven en Cova Eirós, no municipio de Triacastela, a través da sinatura dun convenio por importe de 30.000 euros.

SINGULARIDADE DESTE XACEMENTO

A mediados de xuño, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, asinaron este convenio para a continuación dos traballos de escavación, investigación e documentación deste conxunto arqueolóxico. O conxunto de Cova Eirós alberga os primeiros restos de arte parietal paleolítico atopados en Galicia. Con esta financiación autonómica, a Universidade de Santiago promoverá esta actuación, que se levará a cabo este verán e que, según explican dende a Consellería, contribuirá ao enriquecemento do patrimonio cultural galego.

As actuacións levadas a cabo ata o de agora en Cova Eirós polos investigadores do Grupos de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC en colaboración cun equipo do Institut Catalá de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona (IPHES) permitiron obter as primeiras conclusións sobre este enclave, sobre todo no que atinxe as pinturas e gravados atopados nas paredes da Gran Sala do interior da cavidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Como gastar 1.000 euros regalados en compras por Sarria

Seguinte Nova

Iván Vázquez, novo secretario local do PP de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: