Ata o 10 de xullo para inscribirse na 1ª Concentración-Exhibición de Bicicletas Antigas da Feira Outrora de Rubián

Ademais, este ano o cartel promocional da Feira terá firma local

A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda conta con postos artesanais e demostracións participativas. Arquivo EC.
A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda conta con postos artesanais e demostracións participativas. Arquivo EC.

• O 14 de xullo terá lugar en Rubián a XIII Feira Tradicional Outrora, que este ano incorpora un novo evento. Trátase da 1ª Concentración-Exhibición de Bicicletas Antigas, que premiará aos mellores exemplares en diversas categorías. Os interesados en participar na fase de concurso deberán anotarse antes do 10 de xullo no Rexistro do Concello de Bóveda ou a través do correo electrónico cultura@concellodeboveda.com, indicando en ambos casos o nome do concursante e o tipo de bicicleta. As bicicletas inscritas con posterioridade a esta data non poderán participar no concurso, senón só na exhibición, co que non terán opción a premio.

No momento da inscrición, a organización asignará un número a cada bicicleta, que deberá levar visible durante o concurso-exhibición.

A organización establece dúas categorías de vehículos. Por unha banda, competirán as bicicletas antigas e clásicas, consideradas así as que teñan máis de 50 anos ou máis de 25 anos de deseño clásico. Por outra banda, haberá unha categoría adicada ás bicicletas antigas curiosas, que inclúe ás que sexan de fabricación total ou parcialmente artesá, tipo chopper, xirafa, de rodas xigantes, ou bicicarros, entre outras.

Haberá un premio por cada categoría, e que consistirá nunha comida na feira para dúas persoas. Asimesmo, a organización entregará un agasallo e unha consumición a todos os participantes neste concurso-exhibición.

Este evento está organizado polo Concello de Bóveda, en colaboración coa Asociación de Veciñ@s A Lagoa de Rubián e a Asociación Nacional de Bicicletas Antiguas y Clásicas.

Por outra banda, deuse a coñecer o fallo do premio do IV Concurso de Carteis da XIII Feira Tradicional Outrora de Rubián, e que nesta ocasión terá firma local. O deseño gañador foi elaborado polo xove bovedense Rubén Carral Fajardo, que estudiou Ilustración e adicouse á ilustración infantil, ademais de interesarse pola arte conceptual e os deseños escénicos. No concurso participaron máis de 30 traballos, boa parte deles elaborados por creadores da contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Luis Álvarez inicia o seu terceiro mandato con maioría absoluta

Seguinte Nova

Sober, primeiro concello de España en constituírse

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss