Como gastar 1.000 euros regalados en compras por Sarria

A gañadora da campaña 60 x 1.000 de ACES-Sarria disfrutou dunha singular xornada de shopping pola vila xacobea

Josefa Alonso González, logo de rematar a súa xornada de compras como gañadora da campaña 60 x 1.000 de ACES-Sarria, a bordo do vehículo facilitado pola organización para percorrer os distintos establecementos comerciais. (Foto cedida).
Josefa Alonso González, logo de rematar a súa xornada de compras como gañadora da campaña 60 x 1.000 de ACES-Sarria, a bordo do vehículo facilitado pola organización para percorrer os distintos establecementos comerciais. (Foto cedida).

A veciña de Triacastela Josefa Alonso González foi a gañadora do sorteo da campaña «60 minutos x 1.000 euros», unha iniciativa de ACES-Sarria para fomentar as compras no comercio de proximidade. O boleto dunha compra realizada por Josefa no establecemento Olver’s de Sarria foi o premiado neste sorteo, e a gañadora dispuxo de 60 minutos para gastar os 1.000 euros do premio en diversos establecementos asociados. Josefa repetiu sorte en Sarria, xa que na campaña de Nadal xa resultara premiada cun vale de compra por valor de 100 euros. Nesta segunda edición da campaña «60 x 1.000» de ACES-Sarria participaron un total de 24 establecementos: A Casa, Ara, Bambi, Bicarelo, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlín Sarria, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Hombre-Mujer-Hogar, Duet Moda, Herboristería Linva, Lar de Menchu, Lebón Descanso, Mercería Sarillo, Moncho, Olvers Sarria, Óptica Malecón, Santamarta, Senayo, Viajes Ecuador, Joyería Salgado e Federópticos Adrián Salgado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte celebrou un San Antonio pasado por auga

Seguinte Nova

A Xunta financia con 30.000 euros os traballos arqueolóxicos da USC en Cova Eirós

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: