Espíritu festivo e recuperación histórica na II Feira Medieval Guímara

A Pobra do Brollón aposta pola ambientación de época no entorno natural do campo da feira

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A Pobra do Brollón segue a reivindicar a súa singular historia coa celebración da II Feira Medieval Guímara. O sábado 11 de xullo, o campo da feira de A Pobra acollerá esta nova edición dun evento marcado pola ambientación de época e a paisaxe natural na que se desenvolve a xornada festiva.

ALGO MÁIS QUE UNHA FEIRA MEDIEVAL

Pero esta feira non pretende ser un evento máis de inspiración medieval, senón que afonda nas raíces da liberdade dos pobos, e na importancia de conservar as tradicións e a identidade. A Feira de A Pobra trata de recrear a revolta dos guímaros, episodio acontecido hai quinientos anos, que se levantaron fronte ao Conde de Lemos e as súas forzas militares para frear os abusivos tributos cos que sometía á poboación local. En memoria deste punto de inflexión na historia deste pobo, a Feira Medieval Guímara dramatiza con figurantes locais a escea do enfrontamento dos guímaros, armados somentes coas ferramentas da labranza, cos lustrosos cabaleiros que servían ao Conde de Lemos.

MÚSICA, ARTESANÍA E A ESCEA DA REVOLTA GUÍMARA POLA MAÑÁ

A II Feira Medieval Guímara arrincará ás 11 da mañá, coa apertura dos postos e a lectura do pregón, a cargo do arqueólogo Xurxo Ayán. Ás 12 horas, terá lugar o acto central da celebración, coa posta en escea da Revolta Guímara, dramatizada por veciños e veciñas de A Pobra. A xornada continuará ás 12,30 coas demostracións dos oficios tradicionais nos diversos postos instalados. Ao mesmo tempo, desenvolverase unha exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia. A música percorrerá o campo da feira de A Pobra á unha do mediodía, cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Aires da Poxa.

XOGOS TRADICIONAIS E MÚSICA Á TARDE

A xornada da tarde ofrecerá diversas actividades, tamén no campo da feira. Ás cinco terá lugar unha segunda volta das demostracións dos oficios tradicionais a cargo dos artesáns presentes na II Feira Medieval Guímara.

Tamén haberá un espazo para os máis novos, no que poderán achegarse aos modos antiguos de entender o tempo libre. Así, a partir das sete da tarde comezará unha sesión de xogos tradicionais, a cargo da firma Xotramu.

A música servirá para pechar a xornada. Ás nove, comezará a actuación do grupo Troula Animación, que ofrecerá un espectáculo de percusión e zancudos. O fin de festa comezará ás once, co Bruxo Queimán e Andrea Pousa, presentando «Soños dunha terra».•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O GDR Ribeira Sacra organiza a comezos de xullo as II Xornadas de Xeoloxía en Quiroga

Seguinte Nova

Todo listo en Rubián para a celebración da XIII Feira Tradicional Outrora o 14 de xullo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss