Todo listo en Rubián para a celebración da XIII Feira Tradicional Outrora o 14 de xullo

O programa da Feira Tradiciona Outrora incorpora este ano a I Concentración-Exhibición de Bicicletas Antigas O ilustrador de Bóveda Rubén Carral Fajardo gañou o IV Concurso de Carteis desta edición

A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda vai cumplir trece anos rescatando de xeito lúdico e festivo o espíritu das feiras de antes. Arquivo EC.
A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda vai cumplir trece anos rescatando de xeito lúdico e festivo o espíritu das feiras de antes. Arquivo EC.

• O vindeiro 14 de xullo, Bóveda celebrará a XIII Feira Tradicional Outrora en Rubián, que se está a consolidar como un dos eventos etnográficos máis salientables da nosa provincia. A Feira comezará ás dez e media, coa apertura dos expositores, e os diferentes artesáns iniciarán as sesións de exhibición dos diversos oficios tradicionais representados na Feira.

CELEBRACIÓNS DA MAÑÁ, COA CONCENTRACIÓN DE BICICLETAS ANTIGAS

Ás once e media actuará o Grupo de Danza Tradicional do Concello de Bóveda, e unha hora comezará a demostración da Asociación de Fiandeiras Bolboreta. Xa á unha menos cuarto, a Banda de Gaitas Municipal de Bóveda amenizará o campo da Feira de Rubián cun pasarrúas, que servirá de preludio ao novo evento desta celebración. Ás 13,00 horas terá lugar a I Concentración-Exhibición de Bicicletas Antigas, que organiza o Concello de Bóveda en colaboración coa Asociación de Veciñ@s A Lagoa de Rubián, e a Asociación Nacional de Bicicletas Antiguas y Clásicas.

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS CATIVOS NA FEIRA OUTRORA

A actividade continúa na tarde do martes 14 de xullo, cunha ampla axenda de actos. O público infantil vai ser o protagonista a partir das catro, coa celebración de varios obradoiros para nenos e nenas. Ás cinco e media terá lugar a actuación do Mago Carlos, e ás seis e media dará comezo a Festa da Espuma. A actividade lúdica continuará ás sete e cuarto, cunha sesión de tiro con arco aberta ao público asistente.

DEMOSTRACIÓNS, CINE TEMÁTICO E MÚSICA POLA TARDE

Os visitantes que non acudiran á xornada da mañá poderán disfrutar da demostración da Asociación de Fiandeiras Bolboreta, a partir das 19,15 horas.

Tamén haberá espazo para o cine, coa proxección do audiovisual «A última viaxe do afiador» ás 20,00 horas, con entrada libre.

CITA COA TRADICIONAL MALLA E DEGUSTACIÓN DO ISCO NO GUIZO

Como todos os anos, a xornada da tarde culminará coa recreación etnográfica da malla, a partir das oito e media. Xa ás nove, comezarán a pechar as casetas dos expositores, e voltará a música ás dez menos cuarto, coa actuación da Coral Renfe de Monforte de Lemos. A xornada festiva da XIII Feira Tradicional Outrora de Rubián rematará coa degustación do Isco no Guizo a partir das dez e media da noite. A música tradicional servirá como broche final, cun concerto do grupo Remansiño de Ribas de Sil, a partir das once menos cuarto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Espíritu festivo e recuperación histórica na II Feira Medieval Guímara

Seguinte Nova

A Biblioteca Municipal de Chantada organiza A Hora do Conto

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss