• Dende o 8 de xullo, está en marcha na Biblioteca Municipal de Chantada «A Hora do Conto», un espazo de dinamización lectora para os máis cativos. Os mércores de 11 a 12 horas será A Hora do Conto para nenos e nenas de 3 anos, e continuará de 12 a 13 horas para os nenos e nenas de 4 a 7 anos. Pensando nos maiores de 7 anos, a Biblioteca de Chantada organiza actividades de animación á lectura os xoves de 12 a 13 horas.•