Ata o 12 de agosto para inscribirse na III Edición do Obradoiro de Verán Música e Baile de Monforte

O obradoiro desenvolverase do 17 ao 28 de agosto As clases están dirixidas a todos os públicos A actividade ofrece 15 modalidades de música, 4 de baile e 1 combinada

O Concello de Monforte vén de presentar a III Edición do Obradoiro de Verán Música e Baile, unha iniciativa dirixida a todos os públicos e que terá lugar do 17 ao 28 de agosto.

HORARIOS E CURSOS

As sesións desenvolverase nas dependencias do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez, situado no Edificio Multiusos de Monforte, en horario de 10 a 13 horas, agás o curso de Baile de Salón, que se celebrará de 20 a 21 horas.

Según explicaron os responsables municipais, a terceira edición deste Obradoiro de Verán inclúe 15 especialidades de música, 4 de baile e unha opción combinada de Música e Movemento- Hip Hop, destinada a nenos e nenas de 5 a 9 anos. Todos os cursos serán impartidos por profesores especializados en cada materia.

En música, o Obradoiro ofrece cursos de Improvisación e Creación Musical Moderna, Percusión Moderna, Percusión Tradicional Galega, Guitarra, Piano, Violín, Gaita, Saxofón, Clarinete, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba, Frauta e Bombardino.

Por outra banda, a modalidade de baile ofrece cursos de Ballet Clásico a partir de 6 anos, Danza Moderna a partir de 9 anos, Danza Tradicional Galega para todas as idades, e Baile de Salón para adultos. En cada modalidade, organizaranse grupos por idades.

Ademais, en todas as actividades establécense niveis de iniciación, básico, de reforzo ou avanzado.

O prezo da matrícula é de 25 euros por alumno, cun máximo de 3 modalidades por participante. O prazo de inscrición está aberto ata o 12 de agosto. Para máis información, están dispoñible os teléfonos 982 40 25 01 e 982 40 38 93.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CANÓN DO SIL, UN DOS TRES ESPAZOS NOS QUE A XUNTA ESTREA O PROGRAMA DE TURISMO ORNITOLÓXICO «DE PÓLA EN PÓLA»

Seguinte Nova

MANUEL MARÍA SERÁ O ESCRITOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss