Avanzan os traballos de mellora da igrexa de San Salvador de Sarria

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Avanzan as obras de acondicionamento da igrexa de San Salvador de Sarria. Os traballos, para os que a Consellería de Cultura e Educación destina 254.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cumplen o seu segundo mes, e se espera que estean rematados en outubro.

As melloras céntranse no exterior do templo. Estase a substituír a totalidade da cuberta da igrexa, pola que entraba auga ao interior, por unha nova de lousa, e repararanse os danos destas filtracións sobre os acabados interiores e a estrutura de madeira. Por outra banda, vaise eliminar o falso teito, para que o espazo final resultante recupere a formalización orixinal do templo. Está previsto o tratamento e restauración das fachadas e elementos de carpintería singulares. Ademais, demoleuse unha edificación moderna anexa existente que deterioraba a imaxe da igrexa e do seu contorno. Por último, renovarase a instalación eléctrica e dotarase dun aseo á sancristía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PAZO DE TOR ACOLLERÁ DOUS DOS OITO PROXECTOS DO IV ESTUDIO ABERTO- PROXECTO DE RESIDENCIAS ARTISTICAS.

Seguinte Nova

Rematan os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: