Denuncian que o Sergas quere suprimir un pediatra no Hospital de Monforte

Estes días, a sección sindical de CIG-Saúde no Hospital Comarcal de Monforte denunciou a intención do Sergas de suprimir un pediatra e trasladalo a Lugo. Según explicaron dende este sindicato, na actualidade a plantilla de Pediatría está formada por catro especialistas, un deles a media xornada. O sindicato defende que con este persoal poderíanse cubrir as gardas de fin de semana que están a atender pediatras que veñen de Vigo e Lugo «e que cobran en torno a 1.400 euros ó fin de semana». Os responsables de CIG-Saúde suliñan que para este servizo terían que contar coa axuda dun pediatra do Centro de Saúde, «simplemente facendo unha garda ao mes, cousa que xa está facendo actualmente». Dende o sindicato tamén propoñen que se pode incrementar o número de días de consulta de dous a catro, «co que estarían moito mellor atendidos os nenos de Monforte». Os responsables de CIG-Saúde esixen que se manteña a actual plantilla de pediatras do Hospital de Monforte. Ademais, piden a dimisión do xerente da área integrada de Lugo «por seguir levando a cabo o desmantelamento do Hospital Comarcal de Monforte dun xeito silencioso e procurando que non se entere ninguén, e sobre todo, non contando para nada co xerente do noso Hospital».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

MANUEL MARÍA SERÁ O ESCRITOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Seguinte Nova

OS CAMIÑOS DO NORTE A SANTIAGO XA SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss