Dezasete rapaces e rapazas participan este verán no III Plan de Emprego Xuvenil de Quiroga

• Dende comezos de xullo ata finais de agosto, un total de dezasete rapaces e rapazas estanse a beneficiar do III Plan de Emprego Xuvenil que pon en marcha o Concello de Quiroga durante o verán.

CUBREN AS VACANTES ESTIVAIS DOS FUNCIONARIOS

Según explicaron os responsables municipais, este plan consiste na contratación por dous meses de mozos e mozas estudiantes naturais de Quiroga. Deste xeito, os estudiantes contratados substitúen aos funcionarios municipais durante as vacacións, cubrindo así as vacantes do periodo estival.

GAÑAN EXPERIENCIA E INGRESOS PARA FINANCIAR OS ESTUDIOS

Por outra banda, os mozos e mozas contratados reciben formación e experiencia laboral para engadir ao seu currículo. A mellora económica que supón para estes estudiantes o ingreso dun salario durante os meses de verán contribúe a axudar ás súas familias para financiar a formación académica destes rapaces.

Durante a sinatura dos contratos, que tivo lugar o primeiro de xullo na Casa Consistorial, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a concelleira responsable de Xuventude, Rosa Arza, deron a benvida a estes novos traballadores. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reparto de competencias no Goberno local de Quiroga

Seguinte Nova

•Inscrición ata o 23 de xullo para os apicultores que participen na XXIV Mostra do Mel de Quiroga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: