En marcha o Tren Turístico da Ruta dos Viños Valdeorras-Ribeira Sacra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na viaxe inaugural do Tren Turístico da Ruta dos Viños Valdeorras-Ribeira Sacra, o pasado 28 de xuño. GPXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na viaxe inaugural do Tren Turístico da Ruta dos Viños Valdeorras-Ribeira Sacra, o pasado 28 de xuño.
GPXG.

• Dende o mes pasado están en marcha os Trens Turísticos do programa «Galicia a Todo Tren», unha iniciativa promovida por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde que inclúe un total de sete rutas temáticas pola nosa Comunidade.

CALIDADE RESPECTANDO O MEDIO AMBIENTE

Xa en xuño arrincaba o Tren Turístico da Ruta dos Viños da Ribeira Sacra, e posteriormente iniciouse a temporada do Tren Valdeorras-Ribeira Sacra. Na viaxe inaugural, que tivo lugar o día 28, participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que cualificou aos Trens Turísticos como «un exemplo de colaboración para ofrecer un produto de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente».

MÁIS RUTAS ESTE VERÁN

Nava Castro resaltou que para este 2015 melloráronse os itinerarios e incluíronse novos proxectos ao programa «que amplían a oferta turística de Galicia e fomentan o desenvolvemento sostible do sector turístico galego». Castro explicou que este é un programa «moi completo que permite descubrir a nosa comunidade dun xeito distinto, e que incrementa a competitividade de Galicia como destino turístico».

MEDRA A DEMANDA ESTE ANO, CUN 25% DAS PRAZAS XA VENDIDAS NO PRIMEIRO MES

Segundo afirmou a responsable de Turismo da Xunta, o programa está a acadar gran acollida un ano máis. Neste senso, Castro sinalou que da totalidade das prazas ofertadas para esta tempada xa se venderon o 25%, cando no ano pasado nestas datas estaba vendido o 12% das prazas ofertadas.

MÁIS VIAXEIROS NA RIBEIRA SACRA

Asimesmo, a directora de Turismo de Galicia recalcou que este produto permitirá seguir mellorando as cifras turísticas da Ribeira Sacra e coñecela dende una perspectiva innovadora. Así, lembrou que no 2014 máis de 152.000 viaxeiros aloxáronse nos establecementos hoteleiros da Ribeira Sacra, o que supuxo un incremento do 20% en relación á cifra de viaxeiros do 2013. «Neste ano, esta cifra vai en aumento xa que nos cinco primeiros meses deste ano a Ribeira Sacra acolleu a case 52.000 viaxeiros, un 50% máis que no mesmo período de 2014», destacou Nava Castro.•

O Tren Valdeorras-Ribeira Sacra sae os días 12 e 25 de xullo, 9 e 22 de agosto, e 6, 20 e 27 de setembro O convoy parte da estación de Ourense ás 9,40 con destino a San Estevo de Sil A ruta inclúe paseo en catamarán pola Ribeira Sacra, traxecto en tren ata A Rúa, con visita a unha adega e tempo libre á hora do xantar, visita ao santuario As Ermidas, e traxecto en tren ata Os Peares visitando a súa estación-museo A volta a Ourense é ás 20,53 h.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Tomé propón trasladar o mercadillo do Parque dos Condes

Seguinte Nova

Entregados os premios da XXVII Cata dos Viños de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss