• A finais do mes pasado tivo lugar a cerimonia de entrega dos galardóns da XXVII Cata dos Viños de Galicia. O viño Don Bernardino, da adega homónima, foi o gañador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O segundo posto foi para o viño Don Ramón, de Adega Don Ramón, e o terceiro premio correspondeu ao mencía Adega Vella, de Jorge Feijóo González. Pola súa banda, o Rectoral de Amandi acadou o cuarto posto, seguido de Val da Lenda, de Víctor Rodríguez López. Pola súa banda, Moure Tradición, de Adegas Moure, completou o listado de galardoados nesta edición.
Pola súa banda, Ernesto Rodríguez Pérez, da Adega O Canceliño da Ribeira Sacra, logrou co Viña Peón o primeiro premio xeral na categoría de colleiteiro e pequenas adegas en tinto.
ÉXITO DOS NOSOS LICORES E AUGARDENTES
Asimesmo, o licor Quenza, da empresa afincanda en Chantada CustomDrinks, recolleu o Pote de Ouro na IX Cata de Augardentes de Galicia, mentres que o licor café Abadía da Cova, de Adegas Moure, triunfou co primeiro posto na IX Cata de Licores Tradicionais.
Durante o acto de entrega de premios das Catas de Viños, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou «o esforzo dos produtores de viño, augardente e licores por modernizarse, internacionalizarse e por buscar un produto dunha calidade cada vez maior, e reafirmou o compromiso da Xunta co sector». Neste sentido, Feijóo destacou que na Ribeira Sacra multiplicouse por 20 o peso do viño que se vende nos mercados internacionais.•