Exitoso peche de temporada da Filarmónica de Monforte

O pasado 4 de xullo, a Sociedade Filarmónica de Monforte organizou un exitoso evento para pechar a temporada. O Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia ofreceu un concerto na Casa da Cultura de Monforte, no que supuxo a audición número 375 da sociedade musical monfortina. Este concerto vén sumarse ao celebrado o 31 de maio, a cargo da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia, e cos que a Filarmónica de Monforte conmemorou a sexaxésimo quinta efeméride da primeira audición organizada por este colectivo na cidade do Cabe. A cita remóntase a maio de 1950, e naquela ocasión a agrupación invitada foi a Orquestra Sinfónica de Bilbao.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Biblioteca Municipal de Monforte abrirá pola mañá durante xullo e agosto

Seguinte Nova

O CANÓN DO SIL, UN DOS TRES ESPAZOS NOS QUE A XUNTA ESTREA O PROGRAMA DE TURISMO ORNITOLÓXICO «DE PÓLA EN PÓLA»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: