Intenso mes de actividades lúdico-culturais en Ribas de Sil

Todas as actividades do mes de xullo teñen lugar no Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio. Arquivo EC.
Todas as actividades do mes de xullo teñen lugar no Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio. Arquivo EC.

Coa chegada do verán, o Concello de Ribas de Sil está a poñer en marcha unha intensa programación de carácter lúdico e cultural para todos os públicos. Teatro, música, maxia e xogos integran o programa de actividades, que teñen lugar as fins de semana do verán no Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio.

MAXIA E CLOWN

O sábado 11 de xullo ás 22,00 horas Javier Muro ofrecerá o seu espectáculo de maxia «Fantasía máxica». O domingo día 12, a partir das 20,00 horas, nenos e maiores poderán disfrutar do número de mimo e clown «Nono», a cargo de Arturo Cobas.

TEATRO E CONTACONTOS

Ademais, o teatro tamén ten o seu espazo no verán de San Clodio. O sábado 18 de xullo ás 22,00 horas, o grupo de teatro local Augas do Sil porá en escea un dos seus proxectos máis exitosos. Xa o domingo día 19, Caxoto ofrecerá un contacontos para os máis cativos, baixo o título «Conto para escoitar mentres bailamos un vals», a partir das oito da tarde.

VELADA MUSICAL E NOVO CIRCO

O sábado 25 ás once da noite, o dúo Yoantonio animará a velada coa música de piano e violín. O domingo 26 dende as oito da tarde, desenvolverase o número de novo circo «O autoestopista intergaláctico», a cargo de Aitor Garuz.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha exposición amosa o proxecto de arqueoloxía para rapaces de Chantada

Seguinte Nova

O Concello de Sober recupera fontes e parques biosaudables en parroquias

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: