Máis de 50 artistas e artesáns amosaron a creatividade sarriana ao pé do Camiño Francés

Preto de 300 obras integraron a VI Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

A mostra Artistas e Artesáns, punto de encontro cultural no Camiño Francés por Sarria

Foto das autoridades e os responsables da exposición xunto con visitantes e peregrinos. EC
Foto das autoridades e os responsables da exposición xunto con visitantes e peregrinos. EC

 

• A VI Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño puido verse no Antigo Cárcere da vila xacobea do 20 ao 30 de xuño. Nesta volta, máis de 50 artistas sarriáns amosaron preto de 300 obras nunha exposición orientada ao peregrino, coa finalidade de dar a coñecer a creatividade desta terra, na que se funden tradición e modernidade nun sorprendente resultado.

Esta iniciativa foi posta en marcha hai seis anos pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, e coa colaboración do Concello de Sarria, como unha actividade de encontro cultural entre os artistas e artesáns da zona cos camiñantes que cumplen etapa na vila xacobea. Conscientes da importancia de xerar espazos de convivencia e achegamento humano e cultural entre peregrinos e locais, dende a Asociación sarriana animaron aos creadores da comarca a participar neste evento, que ano tras ano enriquécese con novas incorporacións. A mostra ofrece espazo aos saberes de sempre, como a arte das palilleiras sarrianas, a talla en madeira, os bordados, as pezas de tear tradicional ou a técnica de cesteiría, ademais de ofrecer propostas máis innovadoras que recrean os motivos de sempre en pintura ou escultura, entre outros.

PUNTO DE ENCONTRO

Previa á clausura, a exposición foi visitada por membros da nova Corporación local, encabezados pola alcaldesa Pilar López. O presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, actuou de anfitrión nunha visita guiada na que tomou parte tamén o xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. Como exemplo do espíritu de encontro cultural desta mostra, as autoridades tiveron ocasión de conversar cun dos visitantes da exposición, o peregrino suizo Wolfgang Stadtmueller, un enfermeiro de 55 anos que leva dende o mes de abril facendo o Camiño «sen présas, para poder falar coa xente en cada sitio». Durante a súa parada na mostra de Sarria, Wolfgang comentou que este é o seu primeiro Camiño, a pé e en soidade, a partir de ter visto un libro de fotografía sobre esta ruta e pola referencia dun amigo español ao que coñeceu durante a súa etapa como voluntario na India. Daquela intensa época conserva un rosario regalo de Teresa de Calcuta, «que levo sempre no meu peto». Xa aínda antes de ter alcanzado Compostela, Wolfgang dá por bo ter andado o Camiño. E promete volver a andalo coa súa muller, en agradecemento a toda a xente coa que tratou e a todo o que lle aportaron nesta extraordinaria experiencia. (Foto: EC).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga pon en valor os seus recursos naturais coas II Xornadas de Xeoloxía na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Referendo en San Clodio para decidir “democraticamente” a ubicación das festas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: