O 73,2% dos galegos valora positivamente o Sistema Sanitario público

Según o Barómetro Sanitario do 2014 publicado este mes polo Ministerio de Sanidade, os galegos puntúan ao sistema sanitario cun 6,22 puntos sobre 10.  Arquivo EC.
Según o Barómetro Sanitario do 2014 publicado este mes polo Ministerio de Sanidade, os galegos puntúan ao sistema sanitario cun 6,22 puntos sobre 10. Arquivo EC.

• A comezos deste mes, o Ministerio de Sanidade publicou os datos do Barómetro Sanitario correspondente ao exercizo de 2014, no que se reflexa o grao de satisfación dos cidadáns sobre o sistema sanitario público. Según esta enquisa, tres de cada catro galegos consideran que a sanidade pública funciona bastante ben ou ben, aínda que necesita cambios.

OS GALEGOS APROBAN CUN 6,2 SOBRE 10 Á SANIDADE PÚBLICA

Os datos de Galicia superan a valoración media no resto de España. Mentres que o 73,2% dos galegos enquisados valoran positivamente o sistema sanitario, no resto do Estado a porcentaxe é do 62,7%, o que sitúa a Galicia no cuarto nivel máis alto no ámbito nacional.

As cifras son especialmente positivas na nosa Comunidade, xa que a valoración que os galegos teñen do sistema sanitario é a que rexistra unha mellor evolución en todo o Estado, cun incremento do 2,5%, cunha nota xeral de 6,22 puntos sobre 10.

A SANIDADE, ÁREA PRIORITARIA PARA O 37% DOS GALEGOS

Según destacan dende a Consellería de Sanidade, estes datos constatan unha evolución positiva nun tema moi importante para os galegos. Galicia é a comunidade que rexistra a porcentaxe máis alta de poboación que considera a sanidade como a área de maior interese, cun 37%, por enriba doutras como o emprego ou a educación.

VALORACIÓN DA ATENCIÓN PRIMARIA, CONSULTAS DE ESPECIALISTAS E URXENCIAS

En canto ao servizo de Atención Primaria, o 92,1% dos enquisados déronlle unha valoración moi positiva, o que supera en máis de catro puntos porcentuais á media do Sistema Nacional de Saúde.

En canto á atención nas consultas de especialistas, tamén máis de oito de cada dez pacientes, un 82,6%, constatan que a atención recibida foi boa ou moi boa. Esta porcentaxe aumenta ata o 94,6% no que se refire aos pacientes ingresados nos hospitais públicos durante o ano 2014.

No referente aos servizos de urxencias dos hospitais públicos, tres de cada catro pacientes consideráronse ben atendidos, o que supón unha porcentaxe do 75,7% dos enquisados.

Os datos publicados polo Ministerio de Sanidade poñen de manifesto ademais que os galegos teñen unha clara preferencia polo sistema sanitario público fronte ao privado en todas as áreas asistenciais, sustancialmente por enriba dos rexistros medios do Sistema Nacional de Saúde.

Neste eido, máis de oito de cada dez usuarios defenden a súa preferencia pola sanidade pública para ingresar nun hospital. En porcentaxes, Galicia amosa unha preferencia do 83,6% polo sistema público, fronte ao 63,7% de media no resto do Estado. En Atención Primaria, a porcentaxe a favor do sistema público en Galicia é do 82,9%, en Urxencias do 80,8%, e nas consultas de Especialista é do 68,3%.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

OS CAMIÑOS DO NORTE A SANTIAGO XA SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Seguinte Nova

Unha ollada a pé de rúa na Casa da Cultura de Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: