O CANÓN DO SIL, UN DOS TRES ESPAZOS NOS QUE A XUNTA ESTREA O PROGRAMA DE TURISMO ORNITOLÓXICO «DE PÓLA EN PÓLA»

050715 ancares

O Canón do Sil, a Terra Chá e os Ancares son os tres espazos nos que se vai desenvolver o programa de turismo ornitolóxico «De póla en póla». Esta iniciativa, posta en marcha o primeiro fin de semana de xullo por Turismo de Galicia, aposta polo avistamento de aves como fórmula de interés turístico.

Según explicaron os responsables autonómicos, esta experiencia supón un uso sostible dos recursos naturais que permite achegarse á natureza e ás paisaxes desde un punto de vista singular.

O programa combina a natureza e o turismo rural, co obxectivo de dinamizar o turismo no eido rural, promover o turismo ornitolóxico, e favorecer a desestacionalización. «De póla en póla» é a primeira iniciativa dun programa extenso de turismo ornitolóxico que a Xunta presentará de maneira completa no próximo ano.(Foto: GPTG).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exitoso peche de temporada da Filarmónica de Monforte

Seguinte Nova

Ata o 12 de agosto para inscribirse na III Edición do Obradoiro de Verán Música e Baile de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: