O Concello de Sober recupera fontes e parques biosaudables en parroquias

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A finais de xuño, o Concello de Sober iniciou os traballos de recuperación e posta en valor de fonte en diversos puntos da municipalidade. Según explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, estes traballos «son unha prioridade para o equipo de Goberno de Sober». Así, estase a proceder á limpeza e acondicionamento de mananciais, así como a ordenación da contorna e sinalización na contorna de Vilariño, en Pinol,Vilamea en Bulso, e Casaniño en Brosmos. Os arranxos tamén se realizarán nos parques infantil e biosaudable de Canabal e Millán, ademais de acondicionar espazos similares en Anllo e Vilaescura. As tarefas inclúen tamén melloras do mobiliario no parque infantil de xogos da Gardería Municipal. Para estas obras destínase un orzamento de 40.000 euros, financiados polo Fondo de Compensación Medioambiental da Consellería de Presidencia. O alcalde de Sober adiantou que o Concello ten previsto acometer novas actuacións nos próximos meses, financiadas polo Agader a través do GDR Ribeira Sacra.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intenso mes de actividades lúdico-culturais en Ribas de Sil

Seguinte Nova

Os Faladoiros do Luns en Sober despedíronse ata setembro cunha exposición de traballos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: