OS CAMIÑOS DO NORTE A SANTIAGO XA SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE

A presidenta da Deputación, Elena Candia, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao rematar a camiñata conmemorativa da declaración da UNESCO.  GPDL.
A presidenta da Deputación, Elena Candia, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao rematar a camiñata conmemorativa da declaración da UNESCO. GPDL.

O pasado 5 de xullo tivo lugar a inclusión dos Camiños do Norte a Santiago na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, valorou como «trascendente para o desenvolvemento cultural e económico de Galicia» este novo galardón «que sitúa ao noso país con cinco bens patrimonio da humanidade» e a España con 45 bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial. Así, España convértese no terceiro país con máis bens declarados, só por detrás de Italia e China. A inserción na Lista da UNESCO é o máximo recoñecemento que pode recibir un ben cultural. Román Rodríguez gabou «o traballo realizado durante estes máis de 7 anos de colaboración entre as administracións de Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja e Galicia, e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.» As rutas recoñecidas son o Camiño da Costa, o Camiño Primitivo, o Lebaniego en Cantabria e o Vasco-Rioxano, coa inclusión de 16 monumentos da máxima relevancia cultural. Por Galicia transitan o Camiño da Costa, que comunica a cornixa Cantábrica con Compostela, e o Camiño Primitivo. Ademais, abarca 4 monumentos: a Muralla e a Catedral lucenses, a Catedral mindoniense e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes).•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Denuncian que o Sergas quere suprimir un pediatra no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

O 73,2% dos galegos valora positivamente o Sistema Sanitario público

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: