A serie dos Faladoiros do Luns, que arrincou na Biblioteca Municipal de Sober no outono pasado, despediuse ata a segunda quincena de setembro cunha exposición dos traballos que inspiraron os temas das reunión. Para rematar este ciclo, tivo lugar unha merenda con doces elaborados polos propios participantes. (Fotos cedidas).