Rematan os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A comezos de xullo quedaron rematados os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes. Según explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, as tarefas foron realizadas polas brigadas municipais, que retiraron do fondo da lagoa e do regato das Malloadas o lodo acumulado durante os últimos tres anos. Ademais, repararon o sistema de osixenación ou geiser, que funcionará de 12 a 15 horas, e de 20 a 24 horas. Tamén se recuperou a casacada de auga debaixo da ponte que axuda a renovar a auga. Este dous sistemas contribuirán a reducir a materia orgánica da auga estancada, e permitirá ter limpa a lagoa durante máis tempo. O custe de reparación da maquinaria e do sistema de bombeo rondou os 5.000 euros.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Avanzan os traballos de mellora da igrexa de San Salvador de Sarria

Seguinte Nova

San Xoán será festivo autonómico en 2016

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: