• A finais do mes pasado, o Concello de Quiroga celebrou o primeiro Pleno extraordinario do recente mandato, e no que quedaron constituídos os tres grupos políticos da Corporación, e as comisións informativas. Estas comisións estarán integradas polo alcalde que exercerá de presidente, por tres concelleiros do grupo popular, un concelleiro do PSdeG e un concelleiro do BNG.
REPRESENTACIÓNS E CALENDARIO DE PLENOS
Por outra banda, foron nomeados os representantes do Concello nos órganos colexiados. O alcalde Julio Álvarez representará ao Concello de Quiroga no Consello Escolar do IES de Quiroga, mentres que no Consello Escolar do colexio público a representante será Loli Sánchez. Pola súa banda, José Enríquez será o representante no GDR Río Lor, no Pacto Territorial de Emprego de Lemos, e na Mesa de Comercio Local. Por último, no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra o representante será José Luis Rivera, e Ana Núñez terá este cometido no Consorcio Galego de Benestar-Escola Infantil.
Outros aspectos tratados no Pleno foi o calendario de sesesións, as dedicacións dos concelleiros e o reparto de delegacións. Por unha banda, estableceuse como día de celebración de pleno o último xoves dos meses pares, ás 13 horas. Asimesmo, aprobáronse tres dedicacións parciais correspondentes ás concellerías de Servizos Básicos e Atención ao Cidadán, a de Xuventude e Turismo, e a de Deportes e Piscinas.
COMPOSICIÓN DO GOBERNO LOCAL
Por último, deuse a coñecer a composición do Goberno local. Ana Núñez será primeira tenente de alcalde, mentres que o segundo tenente será Angel Rodríguez, e a terceira Loli Sánchez, e os tres integrarán a Xunta de Goberno. O reparto de delegacións será como sigue: Servizos básicos e Atención ao Cidadán correspondeu a José Enríquez; Benestar e Igualdade será competencia de Ana Núñez; Andrés Novoa levará Deportes e Piscinas; mentres que Rosa Arza encargarase de Xuventude e Turismo José Luis Rivera será o responsable de Cultura e Eventos. Educación e Infancia estarán a cargo de Loli Sánchez, e Angel Rodríguez encargarase de Medio Rural.•