San Xoán será festivo autonómico en 2016

• O calendario laboral de Galicia para o vindeiro ano 2016 inclúe como festivos autonómicos o venres 24 de xuño, festividade do San Xoán, e o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas. Estas dúas datas sumaranse ao Día de Galicia, que se celebra o 25 de xullo como festivo autonómico, e debido a que o 1 de maio, Día do Traballo, e o 25 de decembro, día de Nadal, coinciden en domingo.

Según explicou o presidente da Xunta na publicación do calendario laboral de Galicia para 2016, esta fixación de festivos autonómicos busca afectar o mínimo posible á produtividade e ser respectuosa coa natureza dos principais días festivos da nosa Comunidade Autónoma. En total, serán 12 días os festivos que se disfrutarán en Galicia, entre estatais e autonómicos, sen contar os dous festivos locais que corresponden por concello.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematan os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes

Seguinte Nova

Bota a andar a nova corporación municipal de Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: