Unha ollada a pé de rúa na Casa da Cultura de Chantada

expo marques casa cultura chantada

Ata finais do mes de xullo, a Casa da Cultura de Chantada amosa a exposición «Unha mirada sen fronteiras», firmada polo fotógrafo carballiñés José Luís Montes. Esta mostra inclúe unha selección de imaxes en cor coas que dá a coñecer a súa mirada persoal sobre o que acontece na rúa. Montes trata así de reflectir esceas de persoas en diversos momentos da súa vida cotiá, apuntando cara a unha sociedade e a un pobo fieis aos seus costumes. Retratos, esceas de grupo e paisaxes humanos integran esta selección de fotografías tomadas nos poboados das montañas do Rif, vales do Atlas, Marrocos, Túnez e o Sahara ata a fronteira con Libia. Montes é membro da asociación de fotografía O Potiños de O Carballiño. (Foto: EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 73,2% dos galegos valora positivamente o Sistema Sanitario público

Seguinte Nova

Monforte estrea novo paseo fluvial polo río Cabe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: