A XVII Irmandade Sarria-Guerlédan organiza para os visitantes bretóns un amplo programa de actos

Imaxe de arquivo da última visita dun grupo bretón dentro das actividades de intercambio da Irmandade Sarria-Guerlédan. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo da última visita dun grupo bretón dentro das actividades de intercambio da Irmandade Sarria-Guerlédan. Arquivo EC.

• Dende o 26 de xullo ata o 2 de agosto, un grupo de bretóns visitará Sarria e a súa contorna na viaxe que cada dous anos lles prepara a delegación galega da Irmandade Sarria-Guerlédan. Para devolver a visita que os sarriáns realizaron o ano pasado a terras de Bretaña, neta ocasión os bretóns poderán disfrutar duns días de cultura, viaxe, gastronomía e confraternidade, aloxados con familias sarriás.
A expedición chegará o domingo 26 de xullo pola noite, e ao día seguinte se lles ofrecerá unha recepción oficial no Concello de Sarria, ás 10 horas. Aproveitando que é día de feira, o grupo xantará nos postos de polbo, antes de partir cara Lóuzara, para realizar un percorrido polo roteiro de Fiz Vergara Vilariño.
Na mañá do martes 28, o grupo partirá cara o concello de As Pontes, onde realizará unha visita ás instalacións de Endesa e ao lago da antiga mina, para coñecer o proceso que aquí se sigue no acondicionamento de espazos lacustres, e comparalo co aproveitamento deste tipo de entorno que se realiza na Bretaña. Ao mediodía, a expedición dirixirase á vila de Viveiro, onde disfrutará dun picnic no xantar, e participará nunha visita guiada polo centro urbano.
O mércores 29 terá lugar unha recepción aos visitantes bretóns na Deputación de Lugo, para realizar a continuación unha visita pola Reserva da Biosfera Terras do Miño, con paradas nas Insuas do Miño, Penas de Rodas e o complexo de Avifauna. O Camiño de Santiago centrará a actividade do día 30. Comezará cunha visita a Triacastela, e continuará cun percorrido de oito quilómetros pola ruta xacobea ata o albergue Paloma y Leña, no que os visitantes será agasallados cun xantar. A continuación, comezará un festival de música tradicional, coa participación dos Gaiteiros de Goián e Os Eoas.
O día 31 terá lugar unha triple visita, que inclúe o Museo Etnográfico Panadería Pallarés, as instalacións de Fontecelta, e a gandeiría Quintián. A xornada rematará cunha cea de confraternidade.
O 1 de agosto estará adicado á convivencia coas familias que acollen aos visitantes, con actividades propias. O día 2, antes da partida, os bretóns despediranse de Sarria cunha visita ao Salón de Outono.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo paso adiante da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Feijóo e Candia afondarán na colaboración institucional para mellorar os servizos públicos e nos sectores estratéxicos da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: