Feijóo e Candia afondarán na colaboración institucional para mellorar os servizos públicos e nos sectores estratéxicos da provincia de Lugo

•O presidente da Xunta de Galicia mantivo unha xuntanza coa presidenta da Deputación de Lugo, no que foi o primeiro encontro institucional entre ambos mandatarios

Un momento da xuntanza mantida en Santiago o pasado 20 de xullo entre o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia.  (Foto: Xoán Crespo).
Un momento da xuntanza mantida en Santiago o pasado 20 de xullo entre o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia. (Foto: Xoán Crespo).

• O pasado 20 de xullo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantivo en Santiago o primeiro encontro institucional coa presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia. Na xuntanza, a mandataria provincial trasladou ao presidente da Xunta as liñas estratéxicas e prioridades do Goberno provincial para esta lexislatura. Según suliñou Candia, a xestión provincial irá orientada a dar prioridade aos servizos sociais e o sistema de benestar, potenciar o turismo, facer un mellor aproveitamento das novas tecnoloxías, apoiar ao sector lácteo e manter as políticas de discriminación positiva cara a provincia.

ENCONTRO «MOI CORDIAL E POSITIVO», SEGÚN CANDIA
“A xuntanza co presidente tivo un ton moi cordial, moi positivo”, afirmou Elena Candia ao remate do encontro con Núñez Feijóo. A titular provincial destacou que «estamos obrigados a entendernos polo ben dos lucenses». Neste sentido, Candia puntualizou que «nunca empregarei a Deputación de Lugo como outros fixeron, como arma política para xerar tensión”.
Ademais, a presidenta da Deputación expresou a súa confianza «en que sexa posible recuperar pontes de colaboración e entendemento entre ambas administracións para impulsar múltiples asuntos de gran transcendencia para Lugo e Galicia».

COMPROMISOS DA XUNTA EN LUGO
Pola súa banda, o titular da Xunta trasladou a Candia o interese do Goberno galego de levar a cabo o Plan de Loita contra a Desigualdade Económica de forma coordinada, “para que os lucenses, con fondos da Deputación e da Xunta, poidan ter un plan mellor dotado”.
Asimesmo, Núñez Feijóo destacou o compromiso da Xunta de investir 148 millóns de euros no sector lácteo neste 2015. Ademais, o presidente autonómico anticipou a decisión de axilizar os fondos da PAC, “que será unha inxección de forma inmediata de 20 millóns de euros”.
No eido das novas tecnoloxías, o presidente da Xunta suliñou que a plataforma de interoperabilidade «Pasaxe» busca que paulatinamente os datos que operan en poder da Xunta poidan ser accesibles polas administracións locais, e viceversa, para que os cidadáns non teñan que estar entregando os mesmos papeis nos distintos trámites.
Respecto á área de turismo, Feijóo precisou que Xunta e Deputación coinciden «na necesidade de seguir da man para lograr que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade”.
Núñez Feijóo tamén lembrou a aposta da Xunta pola mellora das infraestruturas lucense, que se concreta «no corredor entre Lugo-Sarria, xa finalizado, e agora Sarria-Monforte, co obxectivo de finalizalo a finais de 2015 ou nos primeiros meses de 2016”.
Feijóo trasladou a Candia o interese da Xunta de que en setembro se poida reunir á comisión de seguimento do protocolo asinado en 2012 entre Xunta e deputacións, para determinar ámbitos prioritarios e un calendario de actuacións.
Por último, o presidente da Xunta agradeceu o interese da Deputación «para traballar conxuntamente, buscando esa discriminación positiva que imos seguir mantendo coa provincia, tanto nos plans industriais como nos prezos do solo, co Plan Impulsa e co polo aeronáutico de Rozas».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XVII Irmandade Sarria-Guerlédan organiza para os visitantes bretóns un amplo programa de actos

Seguinte Nova

A Deputación mellorará os itinerarios dos catamaráns da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss