Referendo en San Clodio para decidir “democraticamente” a ubicación das festas

A Praza do Concello é a alternativa á ubicación tradicional das festas patronais de San Clodio na rúa do Ferrocarril.Arquivo EC.
A Praza do Concello é a alternativa á ubicación tradicional das festas patronais de San Clodio na rúa do Ferrocarril.Arquivo EC.

• A cidadanía da parroquia de San Clodio, en Ribas de Sil, está convocada a unha consulta popular o sábado 25 de xullo para decidir sobre o lugar onde se van celebrar as festas patronais de agosto. Según explicou o concelleiro de Cultura de Ribas de Sil e membro da Comisión de Festas, Roberto Castro, a decisión municipal xurdiu do debate que se estaba a percibir na rúa dende hai tempo, “e nos que había xente que prefería continuar co emprazamento de sempre na rúa Ferrocarril, e outros que suxerían levar a festa para a Praza do Concello”. “Pensamos que non estábamos sendo capaces de captar ben a sensibilidade da xente, e por iso decidimos facer este referendo”, suliñou Castro.

A LOXÍSTICA FRONTE Á TRADICIÓN
Nunha carta enviada aos domicilios de San Clodio, os convocantes do referendo xustifican a proposta de reubicación das festas na Praza do Concello con varias razóns. En primeiro lugar, o traslado melloraría a regulación do tráfico rodado, xa que ata agora tiñan que permanecer cortadas catro rúas durante as festas. O novo espazo permitiría ademais unha mellor organización das actuacións musicais, dado que moitas orquestras teñen que deixar medio escenario sen desplegar polas condicións da rúa Ferrocarril, e os equipos de son están praticamente “pegados” aos edificios ou invadindo as vías mortas do tren. Tamén favorecería a instalación das actividades lúdicas propias destas datas, debido á unha distribución máis axeitada das atraccións dos feirantes. Asimesmo, a nova ubicación facilitaría a participación do público a actividades culturais paralelas, instaladas nas dependencias municipais, como exposicións, presentacións e outros actos. Por último, argumentan que o cambio de ubicación das festas é “unha demanda de moitos veciños”. “Hai que aclarar que esta carta non quere transmitir unha opinión parcial, o Concello non quere influír”, suliña Roberto Castro, quen sentencia que “a tradición pesa pera a loxística tamén melloraría co cambio”.

A DECISIÓN NON É DEFINITIVA, E PODERASE CAMBIAR O ANO QUE VÉN
A cuestión non parece sinxela, porque hai moitos factores en xogo. Castro apunta aos intereses dos negocios de hostelería, “lícitos por suposto, pero hai que deixar claro que o que se pretende con isto é facer política democrática, e que a decisión que se tome sexa realmente a da maioría da xente”. Por outra banda, Castro aclara que a decisión que xurda do referendo non será definitiva, “e ao ano seguinte pódese rectificar se se comproba que foi un erro”.
A consulta está aberta aos veciños de San Clodio maiores de idade, e tamén para aqueles non empadroados no municipio pero que viñeran colaborando coa celebración das festas nos últimos cinco anos. Os electores deberán marcarán na papeleta unha das dúas opcións, e deberán acreditarse co DNI, pasaporte ou carnét de conducir. A furna estará instalada o sábado 25 no Salón de Actos do Concello de 10 a 20 horas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 50 artistas e artesáns amosaron a creatividade sarriana ao pé do Camiño Francés

Seguinte Nova

Novo paso adiante da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: