A Deputación destina 292.200 a apoiar proxectos de integración social dunha trintena de asociacións

•Candia convidou ás asociacións a traballar de xeito conxunto no deseño de criterios obxectivos de cara á vindeira convocatoria

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, e a vicepresidenta segunda e responsable da Área de Benestar Social, Mari Teijeiro, na firma dos convenios coas asociacións lucenses. GPD
A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, e a vicepresidenta segunda e responsable da Área de Benestar Social, Mari Teijeiro, na firma dos convenios coas asociacións lucenses. GPD

• A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, acompañada pola vicepresidenta segunda e responsable de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Mari Teijeiro, asinou o pasado 13 de xullo os convenios de colaboración cunha trintena de colectivos sociais. Para este fin, o organismo provincial destina unha partida de 291.200 euros.

RESOLVER «COA MAIOR RAPIDEZ» AS SUBVENCIÓNS EXCEPCIONAIS PENDENTES
Según destacou Candia, “esta reunión demostra a vontade política do novo goberno provincial por dar a maior axilidade, seguridade e certidume a todas as entidades que estaban á espera de financiamento para levar a cabo os seus proxectos”. A titular provincial anunciou que a vindeira actuación desta administración será «resolver coa maior rapidez” as subvencións excepcionais que están pendentes.
Candia explicou que os convenios asinados responden a unha trintena de axudas económicas enmarcadas nas subvencións nominativas do ano 2015 da Deputación de Lugo coas que se apoian economicamente diferentes proxectos “que teñen un denominador común, que é a inclusión social”. Entre os proxectos subvencionados hainos referidos ao apoio a persoas con necesidades específicas, ao apoio á integración laboral de colectivos en risco de exclusión, áeliminación de barreiras ou á atención asistencial.
Candia agradeceu “a constancia e o esforzo que día a día realizan estes colectivos”, e destacou que “o seu tesón é algo digno de recoñecemento, e para que isto non quede só en palabras é crucial que as administracións deamos apoio económico e visibilidade a estes proxectos”.
Por outra banda, Elena Candia indicou a vontade “inaprazable e incuestionable” da Deputación de continuar “co maior número de colaboracións posibles” en vindeiras convocatorias. A mandataria provincial tamén subliñou a súa intención de primar aqueles proxectos que dean cobertura ás necesidades sociais máis urxentes e dos que se beneficien un maior número de persoas. Candia aproveitou a reunión cos diferentes colectivos para convidalos a participar nunha mesa de traballo conxunto para o deseño de parámetros obxectivos nos que basear a decisión política de conceder estas axudas, incrementando así a transparencia e imparcialidade das mesmas.
Entre as asociacións beneficiarias, figuran Proxecto Home, AGADHEMO,ALCER Lugo, Asociacións de familiares de persoas con Alzheimer, ASPACE, ASPNAIS, AUXILIA, COGAMI, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, ou Special Olympics, entre outras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 120 rapaces e rapazas participaron na primeira quenda dos Campamentos de Verán de Monforte

Seguinte Nova

A teleasistencia domiciliaria será financiada integramente pola Deputación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: