ABERTO ATA O 1 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE PANTÓN.

arquivo Escuela infantil Augas Santas Golf

Dende o 1 de xullo e ata o 1 de setembro, está aberto o prazo para anotarse nas Escolas Deportivas Municipais de Pantón. A programación vai dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2012, ambos inclusive. As Escolas Deportivas Municipais de Pantón ofrecen diversas modalidades deportivas, que se desenvolverán entre os meses de outubro e maio, ambos inclusive. O horario previsto para as actividades será os mércores e venres de 17 a 19 horas, aínda que se acordará oportunamente nunha reunión previa. O prezo anual da inscrición é de 35 euros, que se destinan a custear o material deportivo. No momento de formalizar a matrícula, deberá indicarse a talla aproximada do participante, para ter en conta na xestión das equipacións. As persoas inscritas deberán presentarse no mes de setembro, en data por concretar, no Balneario de Augas Santas, onde recollerán a súa equipación deportiva. Para máis información, está operativo o teléfono do Concello 982 45 60 05.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

APRENDE A NADAR EN PANTÓN ESTE VERÁN

Seguinte Nova

Arrincaron os Campamentos de Verán en Ferreira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: