FOMBONA REVALIDA O SEU DOMINIO AO GAÑAR A XLII SUBIDA A CHANTADA

O 18 e 19 de xullo tivo lugar a 42ª edición da Subida a Chantada, un fito do automobilismo galego que congregou a numeroso público nunha fin de semana marcada polas altas temperaturas. Esta edición contou cun total de 74 participantes, e na que se impuxo un ano máis o corredor José Antonio López Fombona, do Adal Sport, seguido por Jacobo Sobral, de Sohers Competición, e en terceira posición completou o podio Alexis Viéitez, do Gonzasport Competición. Este ano, a Subida a Chantada tivo como novidades a Concentración Porsche na Praza do Cantón de Chantada, e a Copa Iniciación Stark Box, na que participaron máis dunha decena de pilotos, e que rematou coa victoria de Juan Carlos Castro, do Ar Vidal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Natación Monforte acadou seis medallas no Campionato Galego infantil

Seguinte Nova

RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE MONFORTE Á ATLETA SALETA FERNÁNDEZ, RECENTE CAMPIONA DE ESPAÑA DE SALTO DE ALTURA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: