O Alcalde coñeceu de primeira man as demandas do CEIP Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé, na visita ao CEIP Monforte, coa directora do centro, María Núñez. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, na visita ao CEIP Monforte, coa directora do centro, María Núñez. GPCM

• O alcalde de Monforte, José Tomé, visitou estes días o CEIP Monforte, para coñecer as necesidades deste centro, acompañado pola súa directora, María Núñez. Entre as demandas deste centro atópanse a recuperación das paradas do autobús escolar diante do bar Fión e na rúa Poetisa Sara Cao, a instalación dunha marquesiña, un aparcadoiro de bicicletas e a limpeza dos camiños lindantes. Ademais, a directora suxeriu aumentar a presenza da Policía Local nas horas de entrada e saída do centro. Tamén requiriu a reposición de cristais do pavillón, a pintura das pistas deportivas e a colocación dun aramado exterior, entre outros. O alcalde comprometeuse a acometer as obras máis urxentes antes do comezo do curso escolar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A teleasistencia domiciliaria será financiada integramente pola Deputación

Seguinte Nova

Recepción en San Marcos dos nenos e nenas saharauis que pasarán as vacacións con familias lucenses

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss