Os traballos provinciais de desbroce priorizaron as áreas de alto risco de incendio

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A mediados deste mes, o deputado delegado de Xestión Territorial, Jesús Carreira Ferreiro, fixo balance do desenvolvemento das tarefas de desbroce que se están a levar a cabo en estradas provinciais ao longo da provincia. O responsable desta área asegurou que estes traballos transcorren «con normalidade”.

TAMÉN PRIORIZARON A LIMPEZA NAS ZONAS DE MAIOR DEMANDA TURÍSTICA
A Deputación de Lugo adxudicou a principios de xullo os traballos de desbroce, que supoñen un investimento de 695.778 euros, e cuxo desenvolvemento “estamos a planificar de xeito que priorizamos as zonas con alto risco de incendios, así como outras localizacións de maior demanda turística”, apuntou Carreira.

DESBROCES DURANTE ESTES TRES MESES
O responsable de Xestión Territorial lembrou que a mediados de mes os traballos estaban en marcha «na maioría dos municipios da provincia», o que supuxo a limpeza de cunetas e marxes de 900 quilómetros de estradas provinciais, e o acondicionamento en todos os viais de acceso ás praias lucenses. Carreira apuntou que a partir do día 20 estaba previsto iniciar as tarefas de limpeza «nos poucos concellos nos que está pendente o inicio destas actuacións”. Dende a Deputación teñen previsto actuar durante estes tres meses nun total de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial. “Dende que asumimos o goberno avanzamos, con prioridade, na tramitación dos expedientes de contratación das obras de desbroce, e planificamos actuacións que se iniciaron nas distintas zonas da provincia”, explicou Carreira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha o servizo de Barcas do Río para este verán

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte atenderá directamente aos veciños no Concello os venres previa cita

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss