Preto de 120 rapaces e rapazas participaron na primeira quenda dos Campamentos de Verán de Monforte

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Preto de 120 rapaces e rapazas de 5 a 14 anos veñen de participar na primeira quenda dos Campamentos de Verán que organiza o Concello de Monforte durante o mes de xullo. Estes Campamentos ofrecen un variado programa lúdico e deportivo, que se desenvolve en horario de mañá nas instalacións deportivas municipais de A Pinguela, o Parque dos Condes e As Lamas de dez a dúas. As actividades centradas no deporte inclúen baloncesto, tenis de mesa, atletismo, fútbol sala, natación, tiro con arco, bádminton, xogos acuáticos, xogos tradicionais, voleibol, hípica, pesca, piragüísmo, tenis, e actividades no medio natural.
Por outra banda, os Campamentos de Verán tamén ofreceron obradoiros de baile, teatro, manualidades, lectura e interpretación, entre outros.

MÁIS ACTIVIDADE DURANTE TODO O VERÁN
Ademais da segunda quenda destes Campamentos de Verán, que continúa ata finais deste mes, a actividade segue ao longo do verán con máis actividades. Así, o IX Campus de Fútbol Cidade de Monforte, para nenos e nenas de 7 a 14 anos, celebrarase no Campo Municipal Luis Bodegas do 3 e o 7 de agosto, de 10 a 13 horas. O R.C. Celta de Vigo e a Fundación Celta encargaranse da organización das sesión de adestramento. Por outra banda, o R.C. Deportivo da Coruña e o C.P. Calasancio organizan por vez primeira un campus de fútbol do 27 ao 31 de xullo, para nenos e nenas de 6 a 15 anos. Será nas instalacións dos Escolapios, en horario de 10 a 14 horas.
O IV Campus de Baloncesto Cidade de Monforte está organizado e dirixido polo C.B. Val de Lemos, e deseñado para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Será do 17 ao 21 de agosto no Pavillón Municipal da Pinguela, de 10 a 13 horas. O prezo é de 18 euros por participante.
Asimesmo, o II Campus de Voleibol, organizado pola A.D. A Pinguela, está dirixido a nenos e nenas de 8 a 15 anos. Será no Pavillón Municipal da Pinguela do 3 ao 7 de agosto, de 10 a 14 horas. Para inscricións hai que chamar aos números 637 52 38 30 e 649 96 40 05.
Todos os martes e xoves de xullo e agosto están a desenvolverse os cursos de tenis para nenos e nenas de 6 a 12 anos, en horario de 10 a 13 horas nas pistas de tenis de A Pinguela. É necesario levar raqueta, e recoméndase o uso de roupa e calzado deportivo adecuado.
Como cada verán, o 1 de agosto terá lugar o Torneo de 3×3 de Baloncesto, organizado polo C.B. Val de Lemos, nas Pistas da Compañía. As inscricións deberán realizarse nos teléfonos 606 22 56 80 e 690 28 55 24.
Tamén haberá espazo para o volei praia, coa disputa do VI Torneo desta especialidade, do 17 ao 23 de agosto no Parque dos Condes. Para inscribirse hai que chamar ao
teléfono 686 87 45 89.
Asimesmo, están en marcha dende comezos de este mes, e ata o 14 de agosto, as actividade dirixidas ao aire libre para persoas maiores de 16 anos. Desenvólvense no Parque dos Condes e no Malecón, sen custe nen inscrición previa. Inclúen tai chi, ioga, ritmo e aerotono.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta insta á cidadanía a un consumo responsable da auga ante a perspectiva dun verán máis seco do habitual

Seguinte Nova

A Deputación destina 292.200 a apoiar proxectos de integración social dunha trintena de asociacións

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: