Recepción en San Marcos dos nenos e nenas saharauis que pasarán as vacacións con familias lucenses

•A vicepresidenta segunda e responsable da Área de Benestar, Mari Teijeiro, deu a benvida aos 25 nenos e nenas que disfrutarán das súas vacacións na provincia ata o 7 de setembro

O grupo de 25 nenos e nenas saharauis, acompañados polas súas familias de acollida no verán, foron recibidos no Pazo de San Marcos pola vicepresidenta segunda da Deputación, Mari Teijeiro. GPDL.
O grupo de 25 nenos e nenas saharauis, acompañados polas súas familias de acollida no verán, foron recibidos no Pazo de San Marcos pola vicepresidenta segunda da Deputación, Mari Teijeiro. GPDL.

• O pasado 14 de xullo, a Deputación de Lugo celebrou unha recepción oficial á comitiva dos delegados da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e aos 25 nenos e nenas desta nacionalidade que pasarán o verán con familias lucenses, dentro do programa Vacacións en Paz. Estes menores, con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos, permanecerán en terras lucenses ata o 7 de setembro.

TEIJEIRO DESTACOU A “SOLIDARIDADE E AGARIMO” DAS FAMILIAS
O acto estivo presidido pola Vicepresidenta segunda da Deputación, e responsable da Área de Benestar Social, Muller e Xuventude, Mari Teijeiro, acompañada do delegado saharaui en Galicia, Habibulah Mohamed, e o vicepresidente da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Emilio Portela.
Na súa intervención, Teijeiro destacou “a solidariedade e o agarimo” das familias, que “nun acto de gran xenerosidade o que fan é antepoñer a calquera outra circunstancia o benestar destes nenos e nenas, que durante o resto do ano viven en condicións moi duras e as que, polo menos estes dous meses, conseguen deixar a un lado”. A vicepresidenta segunda agradeceu “a constancia e a tenacidade” da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, á que cualificou de “actor principal dunha iniciativa que a Deputación de Lugo respaldou e seguirá a respaldar”. Teijeiro suliñou que a tarefa da Asociación “é importante porque sen o voso traballo non existiría un proxecto tan beneficioso como este”. A vicepresidenta segunda lembrou que a Deputación colabora co programa Vacacións en Paz cunha achega de 8.000 euros.

INTERCAMBIO CULTURAL E VALORES DE CONVIVENCIA
Ademais, Mari Teijeiro suliñou que “o perfil moi variado de familias que acollen a estes nenos dá conta de que a solidariedade dos lucenses non entende de clases sociais ou de circunstancias persoais”. A responsable provincial de Benestar destacou a “excelente oportunidade” que supón para os núcleos familiares, “especialmente aqueles con nenos e nenas” xa que “o que permite, ademais dun intercambio cultural, é inculcar valores esenciais na nosa democracia como a tolerancia ou o respecto ás outras culturas”.
Por último, Teijeiro afirmou que “a mellor mostra de que é un proxecto interesante e que funciona é que moitos dos nenos e nenas saharauis repiten, e tamén que algunha das familias acolle a dous menores”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Alcalde coñeceu de primeira man as demandas do CEIP Monforte

Seguinte Nova

Selección española de técnica e galega de combate, os obxectivos do Neka para a próxima temporada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss