Recepción no Concello aos deportistas monfortinos participantes nos XI Xogos do Eixo Atlántico

O alcalde de Monforte, José Tomé, na recepción oficial no Concello aos deportistas monfortinos que participaron nos XI Jogos do Eixo Atlántico a mediados deste mes.  GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, na recepción oficial no Concello aos deportistas monfortinos que participaron nos XI Jogos do Eixo Atlántico a mediados deste mes. GPCM.

• O 14 de xullo tivo lugar a recepción oficial no Concello de Monforte da delegación de deportistas que participaron nos XI Xogos do Eixo Atlántico, celebrados a primeiros de xullo en Vilanova de Gaia, Matosinhos e Porto. O plantel monfortino estivo formado por dez atletas do Club A Gándara, e dez deportistas do Club Natación Monforte, que acadaron en total tres medallas e tres cuartos postos na edición máis concurrida dos Xogos do Eixo Atlántico, cun total de 1.700 deportistas de España e Portugal.
Na recepción no Concello, o alcalde de Monforte, José Tomé, felicitou aos xoves deportistas “polo bo traballo realizado”, e fixo extensiva esta felicitación aos clubes polo éxito acadado nesta competición. O rexedor local recoñeceu sentirse “moi orgulloso” pola labor destes deportistas, e agradeceulles “que representen tan ben ao Concello de Monforte” neste tipo de eventos. Pola súa parte, os deportistas comentaron estar ilusionados polo recibimento na Casa Consistorial, e agradeceron ao alcalde que os tivera acompañado en Portugal na fin de semana da competición.

RESULTADOS
En canto a resultados, o equipo feminino de natación sumou 2 medallas, a de prata de Patricia González Blanco nos 100 metros costas e a de bronce de Alexia López Martínez nos 100 metros libres. Ademais, as monfortinas remataron cuartas a proba de relevo 4×100, Brenda Martínez Pulido foi quinta nos 100 metros braza, e Sandra Suñer Díaz quedou sexta nos 100 metros bolboreta.
Na competición de atletismo masculino, Alexandre López Díaz foi medalla de bronce en lanzamento de peso, e entre os 10 primeiros clasificados quedaron Iago García Vázquez, sétimo nos 100 metros lisos, Carlos López Moral, noveno nos 1.000 metros lisos, e Borja Vázquez, noveno no salto de lonxitude, e tamén foi noveno no equipo de relevo 4×100.
Pola súa banda, as atletas monfortinas quedaron cuartas na proba de relevo 4×100 e, entre as 10 primeiras clasificadas, remataron Carmen Martínez Tellez, sétima en salto de lonxitude; Ana Rodríguez Rodríguez, quinta en lanzamento de peso; e Fernanda Aguilera Manucci conseguiu o sétimo posto nos 1.000 metros lisos. Ademais, Cecilia Quiroga Rivas acadou o 15º posto en 100 metros lisos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CONCELLO DE MONFORTE E OS PRACEIROS TRABALLARÁN XUNTOS NA DINAMIZACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS

Seguinte Nova

En marcha o servizo de Barcas do Río para este verán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: