Aproveitando que o 31 de xullo haberá lúa chea, está organizada en Pantón unha saída nocturna para visitar Pena Pombeira, o punto máis elevado deste término municipal. O punto de encontro para a saída será a Praza do Concello, e a hora fixada para iniciar a ruta será as 22,30. Según explicaron os organizadores, está previsto saír dende Ferreira en coches particulares á cabeceira da ruta. A camiñata ten catro quilómetros de percorrido aproximado, ida e volta, con dificultade baixa Ao remate, aquelas persoas que o desexen poderán participar nunha cea na piscina municipal, para o que deberán facer a reserva nas instalacións da piscina. O custe da cea é de 10 euros por adulto, e de 5 euros por cada menor de 14 anos. Esta iniciativa está organizada polos responsables do bar da piscina municipal de Pantón, coa colaboración da Oficina Municipal de Información Xuvenil deste Concello.•