Sarria, capital do deporte base na VII edición do Campus Baloncesto no Camiño, con 135 rapaces e rapazas de toda España

Imaxe dunha sesión formativa no VII Campus Baloncesto no Camiño.(Foto cedida).
Imaxe dunha sesión formativa no VII Campus Baloncesto no Camiño.(Foto cedida).

• Dende o 18 de xullo e ata o día 26 deste mes, Sarria acolleu a celebración do VII Campus Baloncesto no Camiño, en cuxa organización participa activamente o C.B.Sarria. O campus recibe este ano a 135 rapaces e rapazas procedentes de diversos puntos de España, e tamén de Portugal ou México.
Este campus estase a consolidar como unha actividade formativa de referencia no norte de España, con profesionais de primer nivel no mundo do baloncesto nacional e europeo.
Á fronte deste plantel está o director do Campus, Miguel Ángel Hoyos, axudante de Moncho López na selección nacional de Angola e novo coach do Xuven Cambados en LEB Prata. Entre os técnicos está Lisardo Gómez, adestrador do Ribeira Sacra Breogán, Pepe Vázquez, coach do Porta XI Club Baloncesto Ensino, Lino López, do Universitario Ferrol, Pedro Carrillo, responsable das categorías inferiores do CAI Zaragoza, e o preparador físico do COB, Rubén Vieira, entre outros. •

O C.B. Sarria dinamiza o verán cunha ampla programación deportiva

• O Club Baloncesto Sarria está a desenvolver este verán unha intensa programación de actividades lúdicas en torno á prática deste deporte, como xa é tradición neste clube.

 o equipo gañador do Torneo 3x3 de Baloncesto Festa do San Xoán, organizado polo C.B. Sarria. (Foto cedida).
o equipo gañador do Torneo 3×3 de Baloncesto Festa do San Xoán, organizado polo C.B. Sarria. (Foto cedida).

TORNEO 3X3 NO SAN XOÁN
A súa implicación na dinamización da vila xacobea está presente todos os anos nas festas do San Xoán, a través do Torneo 3×3, no que este ano participaron 24 equipos con arredor de 90 xogadores. O triunfo deste torneo correspondeu ao cuarteto lucense Circusshot.com, formado polos irmáns Quintela, Sergi e Erik, ademais de Charles Nkaloulou e Seydou Aboubacar. O premio do concurso de triples foi para Erik Salvador, e As Bolechas acadaron o galardón especial ao equipo feminino.

Algúns dos participantes na actividade “Un verán de basket”, que organiza o C.B.Sarria dende xuño ata finais de agosto.  (F.cedida).
Algúns dos participantes na actividade “Un verán de basket”, que organiza o C.B.Sarria dende xuño ata finais de agosto. (F.cedida).

UN VERÁN DE BASKET PARA OS MÁIS CATIVOS
Preto de 50 nenos e nenas están a participar dende mediados de xuño no programa “Un verán de basket”, dirixidos por seis adestradores. Con esta actividade, o C.B.Sarria propón unha iniciativa lúdica e deportiva para os máis novos durante tres días por semana, en horario de mañá e tarde, no que melloran as súas habilidades no baloncesto, ao tempo que disfrutan doutras actividades complementarias.

As cadetes do C.B. Sarria, nos XI Xogos do Eixo Atlántico, disputados este mes na cidade lusa de  Matosinhos. (Foto cedida).
As cadetes do C.B. Sarria, nos XI Xogos do Eixo Atlántico, disputados este mes na cidade lusa de Matosinhos. (Foto cedida).

AS CADETES NOS XOGOS DO EIXO
A comezos de xullo, o equipo feminino cadete do C.B. Sarria, acompañadas pola adestradora Maisa López, viaxou á localidade portuguesa de Matosinhos para participar nos IX Xogos do Eixo Atlántico, nunha edición que contou con preto de 1.700 deportistas de España e Portugal.
A DIRECTIVA TRABALLA NO DESEÑO DA TEMPORADA 2015-2016
No aspecto de xestión, o C.B.Sarria está xa a preparar a vindeira temporada. Aproveitando o descanso na competición, dende o clube sarrián están a realizar diversos contactos, tanto a nivel institucional como empresarial, para sumar patrocinios que garantan o mellor desenvolvemento deste proxecto deportivo no periodo 2015-2016.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Selección española de técnica e galega de combate, os obxectivos do Neka para a próxima temporada

Seguinte Nova

O Club Natación Monforte acadou seis medallas no Campionato Galego infantil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: