A Irmandade Cultural País do Faro de Chantada celebra o seu terceiro aniversario

• A Irmandade Cultural País do Faro de Chantada celebra en agosto o seu terceiro aniversaio cunha serie de acto. A conmemoración iniciarase o venres 7 ás 20,15 horas, coa presentación, no Casino de Chantada, do libro «El reconocimiento de la humanidad», do catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense Fernando Álvarez Uría, esposo da tamén catedrática chantadina Julia Varela.

A seguinte cita desta efeméride será o venres 14 de agosto, tamén no Casino de Chantada ás 20,15 horas, coa presentación do libro «A verdade dos espellos», do vicepresidente da Irmandade, Pablo Rubén Eyré. Esta obra de Eyré foi a gañadora do Certame Literario Vicente Risco.

Por outra banda, dende a Irmandade Cultural País do Faro anunciaron que xa están a rematar coa edición da obra «Alicerces. Revista de estudos do Miño medio». Según explicaron, esta publicación afonda no pasado, o presente e sobre todo o futuro dos concellos de Chantada, Taboada, Carballedo, O Saviñao e Pantón. Este primeiro número conta coas colaboracións, entre outros, de Xoán Carmona, Nicandro Ares, Xosé Méndez ou Julia Varela, ademais dunha entrevista a Xosé Mouriño Cuba.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Boa sintonía entre Xunta e Concello de Monforte para impulsar a dinamización económica

Seguinte Nova

O primeiro Pleno do Concello de Sober lembrou a figura de Manuel María

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: