Os días 31 de xullo, e 1 e 2 de agosto, o colexio CEIP Eloísa Rivadulla acolleu as sesións do Campus Musical de Verán, organizado pola Banda de Música de Chantada. 35 rapaces e rapazas de 6 a 14 anos participaron nesta iniciativa, asistidos por profesores titulados e membros da Banda de Música. Os participantes desenvolveron o conto titulado «Sofía, a vaca que amaba a música», dando vida con instrumentos aos personaxes, ou ben con música e movemento aqueles menos iniciados na interpretación musical. Tamén elaboraron o decorado do escenario para a representación final coa que culminou esta interesante iniciativa. (Fotos: EC).•