Confederación Hidrográfica e Deputación destinarán 2 millóns de euros á posta en valor dos espazos fluviais lucenses

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, na rolda de prensa ofrecida co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e o portavoz do grupo de goberno, Juan Carlos Armesto. GPDL.
A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, na rolda de prensa ofrecida co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e o portavoz do grupo de goberno, Juan Carlos Armesto. GPDL.

• Na xuntanza celebrada en Lugo a finais do mes pasado, os responsables da Deputación e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil acordaron investir un total de 2 millóns de euros na posta en valor dos espazos fluviais da nosa provincia. Según explicaron a presidenta lucense, Elena Candia, e o presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, en rolda de prensa posterior á reunión, cada un dos organismos asumirá o 50% deste financiamento, e a previsión é que a finais deste ano estean redactados os proxectos de cada actuación que se inclúa neste protocolo de colaboración.

MELLOR SAÚDE DOS NOSOS RÍOS E MÁIS CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS

Según explicou Candia, estas actuacións corresponderán a construcións de paseos fluviais, adecuación de sendas ou áreas recreativas, entre outras. «Son pequenas actuacións demandadas polos concellos e que repercutirán na mellor saúde dos nosos ríos e na mellora da calidade de vida dos nosos veciños», precisou a titular provincial. A presidenta da Deputación fixo fincapé na necesidade de promover iniciativas dinamizadoras do turismo e de cumprir coas obrigas medioambientais.

Asimesmo, Candia informou de que as actuacións decidiranse en coordinación cos concellos «aos que escoitaremos xa que non nos podemos esquecer do principio de autonomía local e da participación que se ten que dar entre esta institución e os municipios». A presidenta da Deputación agradeceu «a boa disposición do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para sacar adiante este proxecto».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas instan á Xunta a convocar «de maneira inmediata» ao Padroado da Fundación de Ferrocarrís de Galicia

Seguinte Nova

Sarria e Monforte estrean novo vehículo de Policía

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: