•A Xunta investirá neste servizo 150.000 euros

• O pasado 30 de xullo, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou en sAntiago un convenio de colaboración co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, para a posta en marcha de servizos de atención diúrna que cubra as necesidades de 20 persoas maiores ou con dependencia en Quiroga.
CARACTERÍSTICAS DESTE CONVENIO
Según explicaron os responsables autonómicos, a Xunta investirá neste servizo un total de 150.000 euros entre 2015 e 2016. As actuacións contempladas inclúen a ampliación e adaptación dun edificio municipal de servizos sociais, que se destinará á atención diúrna para que os veciños poidan contar cun servizo de carácter asistencial e público onde reciban unha serie de coidados e atencións de carácter persoal, terapéutico e social.
Pola súa banda, o Concello de Quiroga, a través da sinatura deste convenio, comprométese a licitar, tramitar e levar a cabo todas as contratacións necesarias para a adaptación do edificio municipal, de xeito que permita poñer en marcha estes servizos.
Según os responsables da Consellería, esta actuación enmárcase na política do Goberno galego de garantir o dereito a que os servizos no medio rural sexan accesibles aos veciños e veciñas, adecuando os programas de atención social con fin de garantir a súa efectividade en dito medio. Esta iniciativa é complementaria a outras levadas a cabo no rural, como o Plan de Desenvolvemento Rural 2010-2014.
OUTRAS ACTUACIÓNS EN QUIROGA
Logo da sinatura deste convenio, a titular de Traballo e Benestar lembrou que este departamento autonómico mantén outras liñas de colaboración con Quiroga. Así, a finais de xullo rematou o campo de traballo de carácter internacional organizado por esta Consellería, e no que os voluntarios, realizaron tarefas de reinterpretación e acondicionamento do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio, a través dun obradoiro de sinalización e traballos de conservación e mellora do trazado.
Ademais, a Xunta financia un obradoiro de emprego de 20 alumnos no que inviste preto de 178.000 euros, e vén de incrementar nun 22,5 por cento % as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), entre outras actuacións.•