• Na Pobra do Brollón o día 7 ás 20,30 na área de Samugueiros, actúa Cé Orquestra Pantasma, e o día 13 á mesma hora en Samugueiros haberá o espectáculo «Maxia de aquí e acolá». En Paradela, o día 14 ás 19 horas nas piscinas municipais, Alberte Montes ofrecerá o monólogo «Galego pode selo calquera. Manual do bo galego». En Quiroga, o día 9 ás 13 horas na rúa Real, terá lugar o espectáculo de teatro infantil «Circo», a cargo de Troula Animación. En Sarria, o día 29 de agosto ás 23,30 horas, a compañía Troula Animación ofrecerá o seu espectáculo de teatro «Lume», polas rúas Calvo Sotelo, Malecón e Meigas. Xa o día 6 de setembro ás 19 horas, a compañía Seispés Producións Creativas ofrecerá o espectáculo de teatro infantil «Pitusa Semifusa», no Malecón. En Sober, o día 11 de agosto ás 22 horas na Praza do Concello actuará Cé Orquestra Pantasma, e o día 12 ás 12,00 horas tamén na Praza actuará Pesdeán en Concerto. O día 20, nas piscinas municipais, Xoán Curiel ofrecerá o espectáculo musical «Magnético Zen», ás 19 horas. O día 19 de setembro a Praza do Toural acollerá ás 19 horas o novo circo de Isla LeTriska.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Dende o 19 de xullo estivo exposta na Casa da Cultura de Chantada a mostra «Compromiso
O pasado 23 de xullo, tivo lugar a presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico
Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º
A oitava edición do FanCine de Lemos chegou a súa fin tras cinco días de cine
• Cunha interesante tertulia na que participaron Olga Novo, Celia Díaz e Eva Teixeiro Quiroga vén