INTENSO PROGRAMA DE ACTOS PARA CELEBRAR AS FESTAS PATRONAIS DE SAN CLODIO

Música, deporte e actividades enchen a axenda do mes O xoves 13 será a Festa da Infancia e da Xuventude, con actos todo o día, e o Festival Luar e Sons na Beira do Sil pola noite

• O mes de agosto vén cheo de actividades lúdico-culturais en San Clodio, organizadas polo Concello de Ribas de Sil, e que tendrán a súa máxima intensidade durante as Festas Patronais, do 13 ao 16 de agosto.

FESTA DA INFANCIA E DA XUVENTUDE O 13

A programación arrincou a primeira fin de semana de agosto, e a vindeira cita será o xoves día 13, coa Festa da Infancia e da Xuventude na Praia Fluvial.
De once e media á unha e media pola mañá, e de cinco e media ata as oito pola tarde, poderase disfrutar de inchables, fútbol humano, loita de gladiadores, e a visita de personaxes de debuxos animados como Peppa Pig ou Pluto, entre outras s. Xa ás oito, comezará o espectáculo infantil «Pucho e Gabardina e o misterio das burbullas», cunha minimerenda para nenos e nenas que participaron nos inchables. O espazo para a mocidade será a noite, dende as 22,30 co festival Luar e Sons na Ribeira do Sil 2015, coas actuacións de Laura Grandy, Rhys Lewis, e Tania Pereira Band, chegados dende Alemaña, Inglaterra e Asturias.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN O DÍA 14

O venres 14 acollerá unha xornada de orientación. A partir das seis da tarde, celebrarase un xogo de orientación para os máis cativos, en forma de labirinto. De seis a sete e media inscribiranse os participantes na carreira de orientación para o público en xeral, e que partirá da Praia Fluvial ás oito. A continuación, haberá unha pancetada ás 21 horas na Praza do Concello. A xornada rematará coa actuación, á medianoite, da Banda Folk de Ribas de Sil, na Praza do Concello, e a verbena coa orquestra Xacobeo.

ACTOS DOS DÍAS 15 E 16

O sábado 15 de agosto, actuará ás 12,30 a Coral Renfe de Monforte, na igrexa parroquial de San Clodio, e ás 21,30 comezará a festa-verbena co grupo Midas. Xa o domingo 16, celebrarase ás 17,30 horas a tradicional Subida Ciclista a Torbeo, que acada a vixesimo primeira edición. Haberá paella xigante ás nove na Praza do Concello, e festa-verbena coa orquestra Marbella para pechar as Patronais.•

ACTOS TODO O MES

O teatro voltará o sábado 22, co monólogo de Alberto Fernández Montes, que ofrecerá o seu espectáculo «Alberte Contador» no Anfiteatro da Praia Fluvial a partir das 22 horas. O domingo 23 haberá un espectáculo de malabares a cargo de Manicus, no Anfiteatro da Praia, ás oito. O venres 28 será a actividade infantil «Rastrexo Pirata», a cargo de Tusitala, na Praia Fluvial ás 11,30, e o domingo 30, Caxoto ofrecerá o contacontos «Contos de medo que deixan durmir», no Anfiteatro ás 20 horas.•

A veciñanza votou trasladar as Festas á Praza do Concello

A consulta popular celebrouse o sábado 25 de xullo no Salón de Actos da nova Casa Consistorial de Ribas de Sil. EC.
A consulta popular celebrouse o sábado 25 de xullo no Salón de Actos da nova Casa Consistorial de Ribas de Sil. EC.

• As Festas Patronais de San Clodio celebraranse este ano na Praza do Concello por decisión dos veciños, que votaron a favor desta nova ubicación no referendo convocado o 25 de xullo. Con 89 votos a favor da Praza e 73 a favor de manter a festa na rúa Ferrocarril, máis un voto en branco e outro nulo, a consulta popular contou cun 30% de participación da veciñanza convocada, que incluía aos veciños da parroquia de San Clodio maiores de idade, e aos non empadroados que viñeran colaborando coas festas nos últimos cinco anos. Según precisou o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, con esta decisión «haberá un macrorrecinto formado pola Praza do Concello e as rúas que desembocan nelas, sen os cortes de tráfico que antes había e cun espazo máis amplo para o desenvolvemento dos actos festivos». Castro tamén precisou que esta decisión non é irrevocable, «se é acertada ou non xa se verá, o importante é que foi decisión dos veciños».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ATA O 16 DE AGOSTO PODE VERSE NA ANTIGA PRISIÓN DE SARRIA A EXPOSICIÓN DO SALÓN DE OUTONO

Seguinte Nova

XORNADAS FORMATIVAS EN CHANTADA ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss