Media ducia de apicultores participarán na XXIV Mostra do Mel de Quiroga

• O 10 de agosto terá lugar a XXIV Mostra do Mel de Quiroga, na que participarán media ducia de apicultores: Isabel Marcos López, de A Ponte Rodela; Manuel Macía González, de As Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais; Ángel Rodríguez Raposo, de Outeiro; e Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.

O luns 10 ás 11 abrirase o recinto feiral e postos de venda, que estarán abertos toda a mañá. A xornada será amenizada pola actuación da charanga Takicardia.

Como acto estrela, a XXIV Mostra do Mel de Quiroga ofrece ás nove da noite na Praza de España unha das actuacións integrado no Ciclo de Concertos de Verán organizados polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Nesta ocasión, a velada de Quiroga estará a cargo da orquestra Os Modernos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Benestar e Concello para o servizo de atención diurna aos maiores de Quiroga

Seguinte Nova

Quiroga celebrou o Día de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: