O pasado 11 de xullo, o club Equino Felisa Marcelle acadou un destacado sexto posto na clasificación do Raid de Xinzo de Limia, no que participaron un total de 13 cabalos nesta categoría. O clube monfortino competiu coa egua Carlota, que completou un destacado traxecto de 60 quilómetros montada polo xinete Marcos Fernández. Con esta clasificación, o clube Equino Felisa Marcelle continúa en competición na disciplina de raid, unha modalidade ecuestre na que se pon a proba a velocidade, habilidade e resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete. No raid, os participantes percorren grandes distancia nun só día, con terreos diversos e climatoloxía variable. (Fotos: EFM).•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa