O CLUB EQUINO FELISA MARCELLE, SEXTO NO RAID DE XINZO

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O pasado 11 de xullo, o club Equino Felisa Marcelle acadou un destacado sexto posto na clasificación do Raid de Xinzo de Limia, no que participaron un total de 13 cabalos nesta categoría. O clube monfortino competiu coa egua Carlota, que completou un destacado traxecto de 60 quilómetros montada polo xinete Marcos Fernández. Con esta clasificación, o clube Equino Felisa Marcelle continúa en competición na disciplina de raid, unha modalidade ecuestre na que se pon a proba a velocidade, habilidade e resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete. No raid, os participantes percorren grandes distancia nun só día, con terreos diversos e climatoloxía variable. (Fotos: EFM).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A piscina municipal de Sober, centro dinamizador do verán

Seguinte Nova

O Pleno de Monforte aprobou modificar o orzamento para acometer obras da auga no barrio do Hospital

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: