Os socialistas instan á Xunta a convocar «de maneira inmediata» ao Padroado da Fundación de Ferrocarrís de Galicia

Denuncian que dende 2011 a Xunta non aportou «nin un só euro» para soster o Museo do Ferrocarril de Monforte»

• A finais do mes de xullo, o grupo socialista no Parlamento de Galicia presentou unha proposición non de lei para instar ao Goberno galego a que convoque «de maneira inmediata» ao Padroado da Fundación de Ferrocarrís de Galicia con sede en Monforte. Según explicou o deputado monfortino Vicente Docasar, un dos firmantes da proposición, esta é a segunda vez no que vai de ano que o grupo socialista denuncia ante o Pleno autonómico o «abandono» do Museo do Ferrocarril de Galicia por parte da Xunta. Na súa argumentación, Docasar xustifica a atención a esta entidade pola importancia histórica que para toda Galicia tivo a estación do ferrocarril de Monforte, eixo vertebrador da apertura da nosa comunidade ao resto do Estado. As instalacións de Renfe en Monforte aínda son na actualidade as máis extensas que a empresa ten en Galicia, cunha superficie de máis de 270.000 metros cadrados, que acollen tanto a terminal de pasaxeiros e mercadorías como o Museo do Ferrocarril de Galicia, un dos máis importantes de España polas características das pezas e infraestruturas que conserva.

Dende o grupo parlamentario socialista denuncian que esta entidade está rexida por un padroado «que leva oito anos sen ser convocado por quen ten a potestade regulamentaria de facelo». No seu escrito, o deputado Docasar lembra a polémica que en 2004 levantara a decisión do daquela conselleiro de Política Territorial da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola que a presidencia do Padroado pasaba do alcalde de Monforte ao titular da carteira autonómica. Docasar denuncia que este cambio «non só non deu o resultado apetecido, senón que ten posto ao Museo do Ferrocarril nunha situación moi delicada, cun total abandono por parte da Xunta», ata o punto de que «pode abrir as súas portas grazas ás humildes achegas das Deputacións de Lugo e Ourense».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposición e visitas guiadas en agosto no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Confederación Hidrográfica e Deputación destinarán 2 millóns de euros á posta en valor dos espazos fluviais lucenses

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss