• Dende finais do mes de xullo, Monforte conta cun novo espacio de protección urbanística para a rehabilitación de edificios. O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou recentemente a declaración de Área de Rehabilitación Integral (ARI) a todo o conxunto histórico de Monforte de Lemos. Ata agora, esta categoría urbanística limitábase ao Burgo medieval e a contorna do monte de San Vicente. Con esta nova medida, o ámbito de delimitación inclúe o conxunto histórico-artístico da cidade e as zonas de respecto de Ramberde, Carude, Praza do Piñeiro e Ribeira do río Cabe.
CARACTERÍSTICAS
Según explicaron dende o Concello de Monforte, a ampliación desta área de actuación era unha «vella pretensión municipal», conseguida logo da presentación da solicitude correspondente o pasado mes de abril.
Con esta decisión, todos os edificios de uso residencial situados na área do conxunto histórico poderán optar ás axudas incluídas no Programa de Fomento da Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Vivenda 2013-2015, promovido polo Ministerio de Fomento. Dentro de esta liña de actuacións, tamén se contemplan traballos de renovación urbana que poden ser subvencionados con cargo a estas partidas ministeriais.
O CASCO HISTÓRICO, UN DOS SINAIS DE IDENTIDADE DE MONFORTE
Para o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, esta é unha noticia «moi positiva, porque vai permitir que moitos veciños e veciñas, que antes non podían, arranxen as súas vivendas con axudas». Tomé valorou ademais o impacto xeral desta medida, «que contribuirá a unha maior rehabilitación do casco histórico, que é un dos valores de Monforte e que debemos preservar como un dos nosos sinais de identidade».
INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE REHABILITACIÓN
Dende o Concello ofrecen toda a información sobre os procedementos para solicitar as axudas do plan ARI na Oficina de Rehabilitación, situada nas Casiñas do Campo da Compañía.•