Sarria e Monforte estrean novo vehículo de Policía

O alcalde de Monforte, José Tomé, e varios concelleiros da Corporación e responsables da Policía Local, co novo vehículo. GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, e varios concelleiros da Corporación e responsables da Policía Local, co novo vehículo. GPCM.

• O pasado 27 de xullo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou en Lugo os novos coches de Polícia Local dos concellos de Monforte de Lemos e Sarria, ademais de Burela, Guitiriz, Ribadeo e Vilalba. Según explicou o responsable autonómico, a Xunta está a aportar esta dotación a preto de medio cento de concellos galegos, «que mellorarán os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais e, polo tanto, poderán prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía». Os novos vehículos entregáronse ao abeiro dunha orde de axudas en concorrencia competitiva dotada con máis de un millón de euros, que lles vai permitir contar aos concellos galegos con case 50 coches e máis de 25 motocicletas para as súas policías locais. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Confederación Hidrográfica e Deputación destinarán 2 millóns de euros á posta en valor dos espazos fluviais lucenses

Seguinte Nova

Ramberde, Carude, Praza do Piñeiro e a Ribeira do Cabe xa son zona ARI

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: